Comarcas

A Deputación convoca por primeira vez subvencións para loitar contra a violencia machista

carmela-silvaNovas medidas sociais adoptadas pola Deputación de Pontevedra. Por un lado, porá en marcha a primeira convocatoria de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolven proxectos, programas e actividades para impulsar que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva e fomentar medidas de protección integral contra a violencia machista durante o ano 2016. Contará cun presuposto total de 85.000 euros e a contía máxima que recibirá cada unha das entidades non poderá superar os 6.000 €.

Ademais, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a liña de axudas básicas de emerxencia para o ano 2016 por valor de 465.000 €, 100.000 € máis que no ano anterior. Esta liña de axudas teñen por obxectivo proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade das súas veciñas e veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ó seu cargo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.