Vigo al minuto

Vigo reconquístase aínda que chova ou vente

DSC02437

Nin chuvia, nin vento, nin tropas francesas… aos vigueses non hai quen os amedrente. A pesar do mal tempo, miles de persoas abarrotan o Casco Vello de Vigo na primeira das xornadas de celebración da Reconquista.

12592281_1164892510196724_7181234419623650400_n

A poucas horas de botar de terras galegas aos franceses, os vigueses disfrutaron de todo tipo de comidas, bebidas e doces para coller forzas de cara á gran batalla. Máis de 250 postos de ferreiros, xoguetes, madeira, comida, bisutería… para crear un gran mercado tradicional polas rúas do casco histórico.

Unha viaxe atrás no tempo na que a cidade volve a vestirse como en 1809 e a revivir, como esta tarde, as escaramuzas dos soldados franceses, incluído o propio Napoleón, cando se cruzaba polas rúas cos homes de Cachamuiña.

Actuacións de ata 15 grupos de música tradicional por rúas e prazas amenizarán dúas xornadas de festa que rematan este domingo 3 de abril, día no que habertá foliada infantil na Praza da Pedra, demostracións de artesanía con vinte oficios tradicionais e a tradicional representación ás 18 horas da Reconquista da Vila de Vigo. O espectáculo comezará como sempre na Porta do Sol e a rúa Gamboa, pero nesta edición non acabará no Náutico, senón que a rendición e o embarque das tropas francesas terá lugar sobre as 19 horas na dársena número 2 do porto de Vigo, á beira da zona de remolcadores.

DSC02438

También te puede interesar