Vigo al minuto

Vigo tamén se reconquista a pequena escala

01

As novas xeracións de vigueses xa comezaron a celebrar a Reconquista. Preto de 300 estudantes de seis colexios da cidade participaron este xoves na ‘Reconquistiña’, unha actividade organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello coa que achegar aos máis pequenos á historia da cidade.

reconquistinha01Alumnos e alumnas do CEIP Ramón y Cajal, do CPR Niño Jesús de Praga, do Colexio Mercantil, do CEIP Igrexa Candeán, do Colexio Carmelitas e do CEIP Altamar participaron nunha ruada polo Casco Vello vestidos de época e armados con bombos e tambores feitos por eles mesmos para representar a histórica liberación de Vigo das tropas francesas.

Ante o risco de choiva, a festa trasladouse despois ata o colexio Ramón y Cajal, onde os pequenos disfrutaron dun concerto e dunha chocolatada.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.