Vigo al minuto

Viguismo distinguido e solidario

 

01

Un acto para homenaxear a todos aqueles colectivos ou persoas de a pé que fan de Vigo unha cidade mellor. Ese é o obxectivo da tradicional gala de entrega dos premios Vigueses Distinguidos, que esta edición se tinguiron aínda de máis solidariedade.

04O rexedor de Vigo, Abel Caballero, quixo arrancar o acto dedicando un momento a todas as vítimas dos atentados de París, Bruxelas, Nova York ou Atocha e a avogar pola liberdade “que nós clamamos hai dous séculos e da que sabemos máis ca ninguén o seu valor”.

Un alegato contra o terrorismo, a favor dos refuxiados e en contra levadas a cabo nesta crise pola Unión Europea a través “dos gobernos insolidarios, duros e insensibles que abandonan a súa sorte a milleiros de nenos, mulleres e homes”.

Facendo referencia ás últimas eleccións municipais, Caballero asegurou que Vigo elexiu o seu destino nas urnas, de onde “emerxeu con toda a súa forza un Vigo compartido, solidario e común, de todos, con tantos vectores ideolóxicos trenzados. En Vigo creamos unha nova forma de entender a política, desde o diálogo, desde a convivencia, compartindo ideas e proxectos”.

02

Unha gala de recoñecemento a Vigo, aos seus colectivos e ás súas xentes que nesta ocasión quixo galardoar o bo facer de oito persoas e colectivos. De Conxemar, á que se lle concedeu a Medalla da Cidade por converter a Vigo na capital do mundo da pesca, dos barcos, do comercio, da sostenibilidade e da investigación. Xa como Vigueses Distinguidos, de Cardama e os seus anos como asteleiro; de Apamp, pola súa atención aos que o necesitan desde o mundo dos dereitos, da solidariedade e dos valores; de Down Vigo, pola loita pola igualdade; da pintora Menchu Lamas, muller destacada e pioneira; de Cáritas Vigo, polos anos atendendo as necesidades dos vigueses que máis o precisas; do Comesaña Sporting Club, que cumpre cen anos de deporte, atletismo, campioas e campións; da Xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, pola súa loita pola sanidade igualitaria e de calidade

También te puede interesar