Vigo al minuto

Viguismo distinguido e solidario

 

01

Un acto para homenaxear a todos aqueles colectivos ou persoas de a pé que fan de Vigo unha cidade mellor. Ese é o obxectivo da tradicional gala de entrega dos premios Vigueses Distinguidos, que esta edición se tinguiron aínda de máis solidariedade.

04O rexedor de Vigo, Abel Caballero, quixo arrancar o acto dedicando un momento a todas as vítimas dos atentados de París, Bruxelas, Nova York ou Atocha e a avogar pola liberdade «que nós clamamos hai dous séculos e da que sabemos máis ca ninguén o seu valor».

Un alegato contra o terrorismo, a favor dos refuxiados e en contra levadas a cabo nesta crise pola Unión Europea a través «dos gobernos insolidarios, duros e insensibles que abandonan a súa sorte a milleiros de nenos, mulleres e homes».

Facendo referencia ás últimas eleccións municipais, Caballero asegurou que Vigo elexiu o seu destino nas urnas, de onde «emerxeu con toda a súa forza un Vigo compartido, solidario e común, de todos, con tantos vectores ideolóxicos trenzados. En Vigo creamos unha nova forma de entender a política, desde o diálogo, desde a convivencia, compartindo ideas e proxectos».

02

Unha gala de recoñecemento a Vigo, aos seus colectivos e ás súas xentes que nesta ocasión quixo galardoar o bo facer de oito persoas e colectivos. De Conxemar, á que se lle concedeu a Medalla da Cidade por converter a Vigo na capital do mundo da pesca, dos barcos, do comercio, da sostenibilidade e da investigación. Xa como Vigueses Distinguidos, de Cardama e os seus anos como asteleiro; de Apamp, pola súa atención aos que o necesitan desde o mundo dos dereitos, da solidariedade e dos valores; de Down Vigo, pola loita pola igualdade; da pintora Menchu Lamas, muller destacada e pioneira; de Cáritas Vigo, polos anos atendendo as necesidades dos vigueses que máis o precisas; do Comesaña Sporting Club, que cumpre cen anos de deporte, atletismo, campioas e campións; da Xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, pola súa loita pola sanidade igualitaria e de calidade

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.