Vigo al minuto

Nova marcha en Vigo para pedir o rescate público do Cunqueiro e do Meixoeiro

cigsanidade

A Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan unha manifestación en Vigo para esixir o rescate para a sanidade pública dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, o uso dos anexos do Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria.

A marcha, que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.00 horas, desenvolverase entre a Praza dos Cabalos e a Porta do Sol. 

Durante os vindeiros días, ambos os dous colectivos repartirán ducias de milleiros de panfletos e uns 5000 cartaces entre a cidadanía “para concienciar sobre a situación na que se atopa a sanidade pública viguesa”. Ademáis, manterán xuntanzas cos rexedores e rexedoras da área metropolitana para reclamarlles o seu apoio á manifestación.

También te puede interesar