Vigo al minuto

Veciños de Teis piden que a AP-9 sexa vía urbana dende as Torres de Padín

padinA Asociación Veciñal de Teis enviou un escrito ao alcalde de Vigo, á conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia e á ministra de Fomento para trasladarlles unha demanda histórica da zona: que a AP-9 sexa vía urbana dende o seu acceso á cidade nas Torres de Padín, en Teis.

Con estes escritos, este organismo veciñal manifesta o seu apoio á decisión da comisión de infraestruturas do parlamento galego, que aprobou unha proposición para que o Goberno transfira a AP-9 á Xunta, o que permitiría facer unha rebaixa das peaxes, a súa eliminación nalgúns tramos ou a mellora da xestión da vía.

A AV de Teis mantén que converter en vía urbana a AP-9 no tramo de acceso o centro da cidade permitiría mellorar as comunicacións no barrio de Teis e desconxestionar a rúa Sanjurjo Badía, “que ten un elevado paso de vehículos ao non existir unha vía alternativa”. Esta proposta faise “tendo en conta que na Torres Padín hai un nó de comunicacións  e pódense realizar actuacións  como por exemplo  unha saída da autoestrada desde tramo de Puxeiros”.

También te puede interesar