RGPD - Cookies
Empleo Galicia

Prácticas profesionais en Italia e Reino Unido para 26 mozos e mozas

ERASMUSdepu

Un total de 26 mozos e mozas realizarán as súas prácticas de formación profesional en Italia e Reino Unido a través do programa Erasmus+ do PracticumDepo 2016, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e que este martes 29 de marzo comeza as súas xornadas de preparación.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurará unhas xornadas nas que se fará unha presentación do programa, achegarase a documentación e a formación ao alumnado sobre as características da mobilidade, as condicións de aceptación da bolsa, os compromisos, trámites, dereitos, deberes e demáis aspectos que deberán ter en conta antes de emprender a viaxe.

Os 26 mozos e mozas que participarán nesta segunda edición do programa iniciarán as súas prácticas en empresas de Italia e Reino Unido o 24 de abril e rematarán o 5 de novembro de 2016. O alumnado pertence a centros educativos de Marín, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda, Vila de Cruces e Vigo.

También te puede interesar