Comarcas Vigo al minuto

Autónomos dependentes de Frigolouro protestan en Vigo para reclamar “emprego digno”

FrigolouroVigoUn nutrido grupo de falsos autónomos pertencentes a Servicarne, empresa á que Frigolouro lle ten subcontratado as labores de matanza e despece, mobilizouse este mércores diante da Xunta e da Inspección de Traballo en Vigo para reclamar a intervención destes organismos no conflito, iniciado o pasado 15 de marzo, para denunciar a explotación á que son sometidos e “esixir unhas condicións laborais dignas”.

A mobilización ás portas do edificio autonómico desenvolveuse de 11 a 12 da mañá e os afectados aproveitaron para despregar unha faixa na que se podía ler “Servicarne explotadores, Frigolouro cómplices” e berraron consignas contra a explotación laboral. Ao mesmo tempo, na representación da CIG entregou un escrito solicitando unha xuntanza co delegado provincial da Xunta, que neses momento non se atopaba no inmoble.

A continuación a protesta trasladouse até a Inspección de Traballo, na rúa Cánovas del Castillo, onde se concentraron por espazo duns minutos antes de acceder ao interior do edificio. Alí foron recibidos polo xefe da autoridade laboral, que se comprometeu a continuar coas xestións para intentar solucionar o coflito. En concreto, adiantoulles que se porá en contacto coas Consellerías de Traballo e Economía.

FrigolouroVigo1O persoal autónomo dependente de Frigolouro está disposto a manter as mobilizacións até lograr os seus obxectivos. O vindeiro luns teñen convocada unha asemblea no local da CIG no Porriño, ás 5 e media da tarde, para decidir as próximas medidas de presión a desenvolver. Ademais, aproveitarán para analizar o que suceda pola mañá, cando está previsto que se incorporen ao seu posto, xa que existen moitas posibilidades de que a empresa tome represalias contra os que participan nos paros e nas mobilizacións.

También te puede interesar