Vigo al minuto

Traballadores de Frigolouro estudan denunciar as súas condicións laborais á Fiscalía

FrigolouroA Federación de Alimentación da CIG a estudar denunciar na Fiscalía as condicións laborais dos falsos autónomos dependentes da empresa Frigolouro do Porriño que nos últimos días desenvolveron paros e mobilizacións en defensa dos seus dereitos. O persoal de Servicarne decidiu onte regresar ao traballo mentres as partes negociaban en Santiago, mais a empresa díxolles que até o luns non terá encargos para eles. Este mércores trasladarán as protestas á Xunta.

O pasado xoves comezaron unha folga indefinida que onte decidiron suspender mentres agardaban o resultado da xuntanza celebrada en Santiago na que participou unha representación do persoal e da CIG, o comité de Frigoluro, o xefe da Inspección de Traballo a secretaria xeral de Emprego e a directora xeral de Relacións Laborais. Os que non compareceron foron os responsábeis de Servicarne, polo que o acordo non foi posíbel.

A pesar de que os falsos autónomos decidiron en asemblea regresar ao seu posto de traballo mentres se producía a reunión, unha vez no interior das instalacións de Frigolouro dixéronlles que até o luns non terían actividade para eles. Hoxe volveron a acudir á empresa para que lles comunicasen a decisión por escrito co obxectivo de evitar posíbeis sancións económicas e incluso a expulsión da cooperativa.

Frigolouro1Alí aproveitaron para realizar unha concentración de protesta que se prolongou de 10 a 11 e, a continuación, mobilizáronse polas rúas do Porriño até o Concello, onde volveron a solicitar unha xuntanza coa alcaldesa para que lles explicase as xestións que realizou para intentar desbloquear o conflito laboral.

“A rexedora díxonos que mantivo unha conversa telefónica co xerente que tería sido moi bronca, chegando incluso a colgarlle o teléfono o responsábel da empresa; tamén nos confirmou que o luns intentará manter unha xuntanza coa dirección da compañía”, aseguran fontes dos traballadores.

También te puede interesar