Vigo al minuto

O alcalde ‘abraza’ o olivo do Paseo de Alfonso e di que «hoxe hai más ábores en Vigo que en tempo dos Reis Católicos»

O alcalde, este luns xunto ao olivo do Paseo de Alfonso/Foto:vigoalminuto.com
O alcalde, este luns xunto ao olivo do Paseo de Alfonso/Foto:vigoalminuto.com

O Concello promoveu esta mañá un «abrazo» colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques. O alcalde, que participou nesta simbólica iniciativa, quiso sinalar os perigos do cambio climático e animou a varios concelleiros, voluntarios de Medio Ambiente, membros de Érguete e Anpas, ademais de asociacións culturais e corais a facer unha lectura de textos sobre especies arbóreas de Vigo.

Abel Caballero sinalou que “todos os anos nestas datas facémoslle unha visita ao olivo, símbolo de Vigo” e salientou a “boa saúde” da árbore logo dunha vida de máis de 200 anos. O alcalde engadiu que dende que iniciou o seu mandato, hai preto de 9 anos, hai 3.000 árbores máis na cidade que “xa non só é a Cidade olívica, é a cidade das árbores”.

Caballero subliñou que na actualidade “hai máis olivos en Vigo que na época dos Reis Católicos” e celebrou que os cambios feitos na base do olivo senlleiro do Paseo de Alfonso garanten outros dous séculos máis de vida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.