Vigo al día

O presidente do Parlamento de Galicia expulsa a Beiras durante o debate do rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro

BeirasO popular Miguel Santalices, expulsou do mesmo ao voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, por dirixirse ao voceiro do Partido Popular, Miguel Tellado, logo dun intenso debate sobre o rescate do hospital Álvaro Cunqueiro.

Santalices xa chamara a Beiras a orde logo de que dixera ao voceiro popular que “a cidadanía está farta de vostedes” e asegurase que no PP “están todos corrompidos” e que o partido “está podre de arriba abaixo”.

Logo desta expulsión, segundo o regulamento da Cámara, Beiras queda suspendido nos seus dereitos parlemantare15 días: non poderá acudir aos plenos, tampouco ás comisións e no cobrará a parte da súa nómina polos días de suspensión.

También te puede interesar