'Qué te cuentas?'

Este mércores arranca en Vigo ‘Cinema e Muller’

CinemaA presidenta da Deputación, acompañada polo alcalde, presentou hoxe en Vigo a proxeción do filme colaborativo da iniciativa «Cinema e Muller», que, segundo indicou Carmela Silva, e´unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística das mulleres a través de proxeccións, charlas e desta película, conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas, que se estrea este mércores, ás 8 e media da tarde no Auditorio Municipal do Concello.

Ademais da creación das curtas e do filme’Cinema e Muller’ inclúe un ciclo de charlas e proxeccións sobre mulleres, cine e feminismo. Editarase tamén un DVD cun folleto explicativo que se divulgará por mostras e festivais, ademais de ser remitido a institucións, colectivos, centros educativos, bibliotecas públicas e asociacións que o soliciten.

Xa se teñen celebrado sendas mostras de cine en Pontevedra (11 e 12 de marzo) e en Vigo (14 e 15 de marzo, no Auditorio do Concello), cun notable éxito de público, segundo subliñou  a presidenta.

Este proxecto complétase cun ciclo de charlas, o 17 e o 18 de marzo, de 10 e media da mañá a 2 da tarde, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Cada sesión contará con tres charlas de especialistas e debate, para concluir coa proxección da película colaborativa.

O ciclo de charlas pecharase cunha festa de mulleres creadoras, con proxeccións e sesións de música e audiovisuais, o venres 18 de marzo ás 9 da noite, no entorno da Colexiata.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.