Vigo al minuto

O Goberno de Galicia e o do Estado asinan o acordo para que o Xeral sexa o novo centro xudicial de Vigo

O presidente do Goberno de Galicia e a ministra de Seguridade Social en funcións, este luns en Vigo
O presidente do Goberno de Galicia e a ministra de Seguridade Social en funcións, este luns en Vigo

O presidente do Goberno de Galicia, asinou este luns coa Ministra de Emprego e Seguridade Social en funcións, Fátima Báñez, o acordo para a reasignación de usos nos inmobles que integran o hospital Xeral, onde estará a Cidade da Xustiza, “pola que Vigo levaba traballando hai moito tempo”.

Logo de recoñecer que “non se tratou dun proceso fácil” o presidente Feijóo salientou que “hoxe estamos ante o inicio dun novo capítulo máis da vida deste edificio e estamos vendo o inicio dun novo episodio na historia da cidade”.

Nesta liña, o xefe do executivo engadiu que apórtase unha solución urbanística, “xa que as normas en vigor tras a anulación do Plan Xeral permiten que ese solo e ese edificio se usen para impartir xustiza”; unha solución para un dos emblemas de Vigo, “que recuperamos para o seu uso e axudamos a revitalizar unha zona céntrica da cidade”, e dáse unha solución á situación dos xulgados.

Sobre este punto, precisou que agora todos os profesionais do Dereito terán a súa disposición unha infraestrutura que unificará todos os órganos xudiciais da cidade; “unha infraestrutura que porá a disposición de todos eles 10.000 metros cadrados máis que a suma dos edificios xudiciais actuais e o proxecto no que estabamos a traballar”.

Así mesmo, o presidente do Goberno galego garantiu o compromiso de que os edificios xudiciais actuais non caian en desuso e que sigan sendo útiles para a zona, tanto para manter a súa actividade como a súa vitalidade.

Feijóo confirmou que en abril  convocarase un concurso de ideas para recibir os proxectos de adaptación deste edificio aos usos xudiciais, co reto de licitar a obra nun prazo inferior a doce meses e tela finalizada en 2019.

También te puede interesar