Comarcas

@depo_es achegará 45.000 euros anuais á @SDTeucro

teucroA presidenta da Deputación asinou este luns un acordo co presidente da Sociedade Deportiva Teucro, Carlos García Alén, polo que a entidade provincial achega a cantidade de 45.000€ anuais ao club deportivo.

Este convenio contempla que o club deportivo deberá amosar na súa camiseta oficial o logotipo da Deputación de Pontevedra ademais de figurar en diversos soportes publicitarios do pabillón onde xoguen os partidos oficiais da Liga Asobal e noutros materias da sociedade deportiva.

Tamén recollese que o Teucro facilitará invitacións para asistir aos partidos os escolares das escolas deportivas de balonmán dos concellos, salvo os partidos declarados como “día do club”.

Nestes días estanse a asinar os convenios de colaboración con outros clubs como o Real Club Celta, o Pontevedra C.F., o Coruxo FC, o Club Balonmán Cangas, que se firma mañana martes, o Club Atlético Guardés, o Club Balonmán Porriño, o Fútbol Sala de Poio, o Gimnástia de Atletismo de Pontevedra e o Club Ciclista Froiz.

Estes convenios están reflectidos na incorporación, aprobada no último pleno, de 2,6 millóns de euros e o orzamento de máis de 6 millóns que se tiñan consignados nas contas para este ano. Con esta incorporación de remanentes a Corporación poderá atender unha maior implicación en materia deportiva en toda a provincia e potenciar axudas para clubs ou outras entidades.

También te puede interesar