Vigo al minuto

Feijóo di que ser presidente da Xunta “merece a pena” e @marianorajoy declárase pontevedrés no congreso do PP da provincia

Rajoy saluda a su llegada al congreso del PP, en Pontevedra
Rajoy saluda a su llegada al congreso del PP, en Pontevedra

Fotos:vigoalminuto.comO presidente do PP de Galicia asegurou este domingo, no congreso dos populares de Pontevedra, no que Alfonso Rueda foi elixido como líder del Partido Popular na provincia, que ser presidente do Goberno do Estado “é unha honra moi importante…pero dirixir o Goberno de Galicia merece a pena”.

Á cita asistiu o xefe do Executivo en funcións, Mariano Rajoy- que hai un mes fora declarado ‘persona non grata’ polo Concello da capital– quen  dixo que agradecía “de corazón” o apoio dos seus compañerios de partido, “son pontevedrés, son de Pontevedra, estudei no Sánchez Cantón, preto de aquí, aquí casei, aquí vivirei e morrerei dentro de moitísimos anos”.

Alfonso Rueda, nuevo presidente del PP de Pontevedra
Alfonso Rueda, nuevo presidente del PP de Pontevedra

O congreso elixiu, con máis do 97% dos votos, ao vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, como presidente dos populares de Pontevedra, en sustitución de Rafael Louzán, quen deixa o cargo logo de 16 anos.

Rueda, de 48 anos, é licenciado en dereito e funcionario da Administración Local. Foi secretario dos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, director xeral de Administración Local en tempos de Manuel Fraga, deputado do Parlamento de Galicia dende 2009, conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e vicepresidente do Goberno galego.

También te puede interesar