Besteiro renuncia a ser candidato á Presidencia da Xunta

BesteiroO secretario xeral dos socialistas de Galicia ven de anunciar que non se presentará ás Primarias do seu partido para ser o candidato dos socialistas á Presidencia do Goberno galego. José Ramón Gómez Besteiro sí mantén o seu cargo de secretario xeral.

Nunha rolda de prensa este sábado en Compostela, Gómez Besteiro, logo de analizar a súa situación coa Executiva do PSdG, convocada por él mesmo de urxencia, tras saberse que fora citado para declarar como investigado pola xuiza Pilar de Lara, no marco da Operación Pulpo, asegurou que “eu sempre dou a cara e non fuxo das miñas responsabilidades”.

Besteiro amosouse “moi orgulloso” de ter presidido a Deputación de Lugo, do seu equipo e dos traballadores do organismo provincial.

O líder dos socialistas de Galicia, que nos pasados días fora atacado por varios integrantes do partido, entre eles o anterior secretario xeral, Pachi Vázquez –contra quen o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu unha querela pola suposta comisión dun delito continuado de prevaricación– referiuse a algunhas das supostas conductas ás que se refire o auto da xuiz De Lara, como viaxes á India ou Eurodisney con cargo aos fondos da Deputación, sinalando o mesmo que xa expresou o organismo provincial hai varias horas, que os devanditos gastos non se efectuaron durante a súa xestión, senon na do seu antecesor, o popular Cacharro Pardo, quen ocupou a Presidencia da Deputación de Lugo casi un cuarto de século.

También te puede interesar