Cultura Vigo al minuto

A XXV Festa do Requeixo e do Mel de As Neves apostará polo maridaxe e a gastronomía

O responsable da Cooperativa do Requeixo e o alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, na presentación da Festa/Foto:vigoalminuto.com
O responsable da Cooperativa do Requeixo e o alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, na presentación da Festa/Foto:vigoalminuto.com

O alcalde de As Neves, Xosé Rodíguez Méndez, xunto co responsable da Cooperativa do Requeixo, presentou na Fonte de San Ignacio, no concello nevense, a XXV Festa do Requeixo e do Mel, que terá o seu día forte o venres santo, día 25.

O alcalde adiantou que esta edición presentará varios cambios, o primeiro o traslado da festa á Praza Maior, para darlle máis empaque; outra das novidades son as actividades ao redor da festa, como a deste mesmo sábado, con dúas sesións de cine, a degustación de requeixo e unha cata de viños brancos.

O luns, día 14, ás 10 da mañá, a cociñeira Rocío Garrido e o productor José Alfonso Nela, guiarán una ‘lección maxistral’ impartida por varias veciñas de As Neves que fan o Requeixo de xeito tradicional e á que asistirán alumnos do CEIP Marquesa do Pazo. Pola tarde, ás 8, no Auditorio Municipal, terá lugar unha demostración de ‘maridaxe’ con viños de Viña Nora, Abadía de Tortoreos e Señorío de Rubiós. Unha semana máis tarde, o día 21, o restaurador Fran Soteliño, do restaurante ‘O Caldiño’, dirixirá a degustación de requeixo, na Escola A Cancela, ás 8 da tarde.

Nesta edición, íntimamente vencellada á gastronomía- a pregoeira deste ano será Inés Abril do restaurante Matuja Limón, dirixido polo cociñeiro lucense, e estrela Michelín, Rafa Centeno-está previsto servir  1.500 quilos de requeixo para uns 5.000 asistentes, a un prezo de 1,5€ a ración.

También te puede interesar