Vigo al minuto

Maís dun milleiro de persoas atenden o chamamento da @CIGVigo e mobilízanse no ‘Día da clase obreira galega’

Manifestación CIGMáis dun milleiro de persoas atenderon o chamamento da CIG e saíron este xoves ás rúas de Vigo para lembrar o asesinato de Amador Rey e Daniel Niebla pola policía franquista o 10 de marzo de 1972. O ‘Día da clase obreira galega’, fixo unha homenaxe a estos dos homes que defendían os dereitos dos traballadores cando perderon a vida, uns dereitos que, segundo os manifestantes, hoxe seguen en grave perigo.

Así o indicaba o lema da mobilización, ‘Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa’, co que milleiros de persoas se manifestaron en toda Galicia, no caso de Vigo dende A Doblada, acompañados pola música en entre berros de ‘¡Amador, Daniel, a loita continúa!’’¡Queremos traballar e non emigrar!’, ‘¡A CIG na rúa a loita continúa!’ ou ‘¡Traballo temporal, terrorismo patronal!’.

O  secretario comarcal de la CIG, Alberte Gonçalves, salientou que ademáis de lembrar a  Amador e Daniel hai que insistir en que as decisións políticas do Goberno do PP levaron ao “desastre total” o tecido económico e industrial de Galicia, atentando “conscientemente contra os dereitos dos traballadores”.

Ao final do percorrido, na Farola de Urzáiz, Gonçalves esixiu a creación dun salario de inserción social, o rescate dos sectores productivos do país e unha Galicia con “soberanía nacional como instrumento ao servizo da clase traballadora”.

También te puede interesar