Galicia

@DGTes informa de que cinco novos radares empezan a funcionar en Galicia o xoves que ven

RadarSegundo informa a Direción Xeral de Tráfico (DXT), o xoves que ven, día 17, empezarán a funcionar nas estradas galegas cinco novos radares de control de velocidade. Tráfico indica que os mesmos teñen coma obxectivo “reducir o número de accidentes rebaixando o límite de velocidade”.

Os radares estarán na N-550 no treito entre A Sionlla e Santiago, no que haberá un límite de 80 quilómetros por hora. Outro estará na AC-12, na curva de Biona, onde os vehículos non pòden superar os 70 qm/h; tamén nos puntos quilométricos 242 e 246 na N-525, Benavente-Santiago; ademáis haberá outro na mesma estrada no quilómetro 244,850.

Tráfico indica que a información destos radares estará nun sinal vertical e tamén pode consultarse no portal web www.dgt.es.

También te puede interesar