Comarcas

@ponteareas_es abre o día 14 o prazo para a matrícula da Escola Infantil Municipal

escola-infantil-municipalA concellería de Benestar Social de Ponteareas vén de comunicar que o prazo para a presentación de solicitudes de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2016/2017 estará aberto dende o 14 de marzo até o 15 de abril, ámbolos dous días inclusive.

Todos os pais e nais que teñan fillos e fillas entre os 3 meses e os 3 anos de idade, é dicir, os nados a partir de xaneiro de 2014, poderán solicitar praza, sendo tamén posible inscribir a nenos e nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Os impresos poderán ser recollidos no Edificio da Escola Infantil Municipal, situada na rúa Escritor Domínguez Benavides, número 1, ou cubertos en liña a través da web municipal.

Unha vez completados, os formularios deberán ser entregados no Rexistro do Concello de Ponteareas en horario de 09:00 a 13:00 horas, de luns a venres, achegando a documentación solicitada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.