Vigo al minuto

O vicepresidente Rueda nega que o tratamento de Vigo como capital de provincia fose discutido nas reunións da Área Metropolitana

O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com
O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com

O vicepresidente do Goberno de Galicia negou que nas xuntanzas dos alcaldes para negociar a reforma da Lei da Área Metropolitana se tratase o tema de que Vigo recibise tratamento de capital de provincia, como onte reclamou Abel Caballero.

Esta reclamación estaba na proposta do Concello pero, segundo repetiu Alfonso Rueda, “nas reunións cos alcaldes non se tratou en ningún caso”. Rueda engadiu que nos encontros se trataron temas importantes nos que había que avanzar, pero que entre eles non estaba que Vigo tivese o rango de capital de provincia.

O vicepresidente, en resposta aos xornalistas, subliñou que todas as cuestións esenciais están xa recollidas na modificación da Lei e pediu unha rápida xestión por parte de todos os concellos-en referencia á aprobación do novo texto polos Plenos-para que a lei entre no Parlamento de Galicia en maio ou xuño.

También te puede interesar