Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia como “antidemocrática” a proposta do Regulamento Municipal e o alcalde di que “garante a democracia”

PlenoO grupo Municipal A Marea ven de cualificar como “antidemocráticos” os trocos que pretende introducir Abel Caballero no Regulamento Municipal. A xuizo do seu voceiro, Rubén Pérez, o mesmo, ademáis, limita a capacidade de control da oposición, deixa en manos do alcalde a súa interpretación ou limita o acceso aos expedientes municipais por parte dos concelleiros.

A Marea denuncia que o Regulamento establece que os grupos municipais disporán de espazo no Concello dacordo coas “posibilidades” que haxa, de xeito que non teñen garantida a súa sede edificio municipal; A Xunta de Voceiros poderá convocarse coa metade dos seus membros; os medios de comunicación non poderán realizar grabacións de imaxe nos Plenos e o público non poderá levar cartaces ou pancatas.

O grupo de A Marea presentará alegacións a esta proposta e enviará unha nota á Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), da que Abel Caballero é presidente, cunha queixa formal.

Pola súa banda, o Grupo Municipal do Partido Popular foi moito máis duro e asegura que este é un “exercicio de tiranía” por parte do alcalde ao que acusa de autoritario e asegura que quere ser o único “intérprete” do Regulamento.

Abel Caballero rexeitou todas estas críticas e sorprendeuse de que o acusen de que a Xunta de Voceiros pode convocarse co acordo dos concelleiros que represente á metade do Pleno, “¿qué pretendían que decidise a minoría?”, preguntouse.

O alcalde negou que os medios non podan facer o seu traballo, “poden seguir grabando o que queiran” sen o permiso expreso da Alcaldía, afirmou, e repetiu que as modificacións que se fagan no Regulamento serán para garantir a democracia.

También te puede interesar