Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia como «antidemocrática» a proposta do Regulamento Municipal e o alcalde di que «garante a democracia»

PlenoO grupo Municipal A Marea ven de cualificar como “antidemocráticos” os trocos que pretende introducir Abel Caballero no Regulamento Municipal. A xuizo do seu voceiro, Rubén Pérez, o mesmo, ademáis, limita a capacidade de control da oposición, deixa en manos do alcalde a súa interpretación ou limita o acceso aos expedientes municipais por parte dos concelleiros.

A Marea denuncia que o Regulamento establece que os grupos municipais disporán de espazo no Concello dacordo coas “posibilidades” que haxa, de xeito que non teñen garantida a súa sede edificio municipal; A Xunta de Voceiros poderá convocarse coa metade dos seus membros; os medios de comunicación non poderán realizar grabacións de imaxe nos Plenos e o público non poderá levar cartaces ou pancatas.

O grupo de A Marea presentará alegacións a esta proposta e enviará unha nota á Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), da que Abel Caballero é presidente, cunha queixa formal.

Pola súa banda, o Grupo Municipal do Partido Popular foi moito máis duro e asegura que este é un “exercicio de tiranía” por parte do alcalde ao que acusa de autoritario e asegura que quere ser o único “intérprete” do Regulamento.

Abel Caballero rexeitou todas estas críticas e sorprendeuse de que o acusen de que a Xunta de Voceiros pode convocarse co acordo dos concelleiros que represente á metade do Pleno, “¿qué pretendían que decidise a minoría?”, preguntouse.

O alcalde negou que os medios non podan facer o seu traballo, “poden seguir grabando o que queiran» sen o permiso expreso da Alcaldía, afirmou, e repetiu que as modificacións que se fagan no Regulamento serán para garantir a democracia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.