Galicia

@galizacig convoca concentracións en toda Galicia este martes, coincidindo co ‘Día Internacional da Muller Traballadora’

cartaz 8 de marzo 2016 PRECARIAS.grandeA Secretaría da Muller da CIG convoca para este martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, concentracións simultáneas, ás 12h., en todas as ciudades agás Ourense, onde será ás 11:30 horas, baixo o lema “Precarias” para denunciar o enorme deterioro das condicións laborais das mulleres en Galiza; o incremento das desigualdades e os recortes sociais.

As concentracións serán enA Coruña: Praza de Lugo, na esquina do Zara Home; Ferrol: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón; Compostela: diante do Zara na Praza de Galicia; Vigo:diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz; Lugo: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo; Pontevedra: na Praza 8 de marzo e Ourense: diante do Gadis da Rúa do Concello

A Secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, denunciou este luns a “feminización da pobreza, que medrou nos últimos anos a consecuencia das reformas laborais, fiscais –que incrementaron as desigualdades- e os recortes sociais”.
Por iso chamou a saír á rúa e sumarse á “xornada de loita” convocada pola central sindical, que este ano se mobilizará nas tendas do grupo Inditex, “como símbolo da explotación da que son obxecto as mulleres, que son a meirande parte do persoal deste emporio téxtil”.

“Mulleres, con contratos a tempo parcial, que traballan a un elevado ritmo de traballo, con grande rotación, salarios baixos, ás cales se dificulta a conciliación, mentres a empresa consegue millonarios beneficios a costa da explotación das traballadoras”.Corral salientou, tamén, a situación na que se atopan as traballadoras de venda, ás que denuncia que “se lles exixe ter boa presenza e sofren discriminacións por razón de idade, xa que a media de idade é de 28 anos e agochan ás de máis de 40 nos almacéns, ou prexubilan ás de máis de 50”.

A secretaria das Mulleres da CIG engadiu a isto, a situación das traballadoras dos centros loxísticos, que “teñen que facer horas extra para poder sacar nunha xornada de traballo a cantidade de prendas marcadas polos ritmos de robotización”; e ás que son explotadas por estas mesmas empresas nos países pobres, nas fábricas de confección de roupa.

Margarida Corral fixo un chamamento tamén a apoiar as actividades organizadas polas coordinadoras locais da Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG fai parte. Actividades e mobilizacións que se desenvolverán baixo o lema “Construíndo feminismo, destruíndo capitalismo” en: Ferrolterra: 7 da tarde, Concentración na Praza do Inferniño; Ourense: 8 da tarde, Manifestación-Festa-Acción, con saída da Alameda e Vigo: 8 da tarde, Manifestación con saída da Praza Portugal.

También te puede interesar