Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@SOSMEIXOEIRO chama a ‘abrazar o domingo día 13 o hospital «contra a súa privatización e desmantelamento»

IMG-20160305-WA0001SOS Meixoeiro ven de convocar unha cadea humana que quere rodear o hospital, o domingo día 13 “contra a privatización, desmantelamento e as listas de espera”.

SOS Meixoeiro xa denunciou en numerosas ocasións a completa desatención do centro: o pasado día 16 de febreiro denunciara que a auga da choiva entrara na zona de consultas e de quirófanos, e advertiron, daquela, que o feito debeuse á paralización das reformas no hospital e o abandono do mesmo por parte dos representantes da Área Sanitaria de Vigo.

O día 26, centos de persoas atenderon a súa convocatoria e fixeron unha sentada na entrada principal do hospital para advertir aos doentes da intención do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de botar abaixo a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e a Rea Cardíaca.

Nas pasadas semanas SOS Meixoeiro advertiu que que, agora mesmo, o hospital non pode dar unha resposta  inmediata aos enfermos que teñen que ser trasladarlos al Álvaro Cunqueiro, o cal, salientaron “é un risco inasumibel e unha falla de atención que non podemos consentir”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.