Galicia

O número de cotizantes sube en Galicia en 4.654 persoas e baixa en 1.179 o de anotados nas oficinas de emprego

Traballando/Foto:vigoalminuto.com
Traballando/Foto:vigoalminuto.com

A Seguridade Social aumentou en Galicia o seu número de afiliados o mes pasado, concretamente hai 4.654 cotizantes máis-ata chegar a 935.536- segundo os datos difundidos este mércores polo Ministerio de Emprego.

Os mesmos datos indican que o número de persoas anotadas nas oficinas do Servizo Galego de Emprego o mes pasado baixou en 1.179, o que supón que na actualidade hai nas listas do INEM 235.268 galegas e galegos.

También te puede interesar