Comarcas

A xestión da alcaldesa permite que o Baloncesto Porriño poida seguir adiante

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño

Os 1.200 integrantes do Baloncesto Porriño poderán seguir coa súa actividade logo do acordó impulsado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, quen este luns, xunto co concelleiro de Deporte, Manuel Carrera, e o interventor municipal, mantivo unha xuntanza coa xunta directiva do clube.

Na reunión, convocada pola alcaldesa o pasado venres, chegouse ao compromiso por parte do goberno local, o mesmo que asumirá hai meses Eva García de la Torre en persoa cos dirixentes do Baloncesto Porriño, de asinar o convenio co clube nos vindeiros días unha vez que quedou craro que o mesmo “se axusta estrictamente á legalidade”, como sempre reiterou o Concello.

Pola súa banda, a directiva do Baloncesto Porriño asume a obriga de buscar patrocinio privado para saldar as débedas que deixou impagadas a anterior xunta directiva cuia xestión foi posta en coñecemento da Xustiza.

A alcaldesa mantivo, en todo momento nestos meses, a mesma postura que expuxera no seu día aos representantes do clube: por unha banda “respecto absoluto á lei”; disposición, como queda de manifestó neste acordo, de “apoiar sempre” o deporte porriñés en xeral e, agora, ao baloncesto en concreto, e atopar unha solución que, como expuxo Eva García de la Torre, tivo que “seguir o seu proceso para poder adoitar medidas extraordinarias ante unha situación extraordinaria”como a presente.

Foi este o motivo, “e non outro”, polo que o traballo do goberno local para atopar unha saída á complicada situación do Baloncesto Porriño, demorouse máis do “desexado polo Concello e polo clube”.

Eva García de la Torre lembrou, ademáis, que os problemas da entidade deportiva nunca tiveron a súa orixe na relación co Concello, senon que son propios do clube. “O que sí ten que ver coa xestión deste goberno é a solución dos mesmos”.

También te puede interesar