Vigo al minuto

Veciños do Casco Vello adiantan en Twitter que denunciarán a funcionarios municipais pola falla de acción contra o ‘botellón’

Tweet VigoVelloVeciños do Casco Vello denunciarán a funcionarios do Concello por prevaricación ante a inactividade fronte ao botellón. Na conta de Twitter @VigoVello anúnciase esta intención e indícase que xa se denunciou “a falta de control e cumprimento das licencias dos locais de hosteleria polo Concello” e que o venres pasado,”nunha asamblea de veciños denunciouse como Policía Local pasaba polo barrio e non actuaba contra o botellón. Hai fotos e videos”.

Hai que lembrar que dende hai meses veciños do Casco Vello veñen denunciando, ás autoridades locales e públicamente, os ruidos, as molestias e o lixo que teñen que aturar cada fin de semana a causa do ‘botellón’.

Nunha asamblea, o pasado mes de novembro subliñaron que a situación, “vai a máis” ante a falla de solución, sobre todo, indicaban, por Eduardo Chao e ao redor de A Pedra onde  os grupos de rapaces que se xunta a beber pola noite, en especial os venres e sábados, “fan ruido e non podemos descansar, pola mañá está todo cheo de botellas, vasos e lixo”, repetían xa daquela.

También te puede interesar