Deportes Vigo al minuto

Este venres, sorteo da fase final da Copa da Raiña de Balonmán, que se disputa no Porriño

papeleria_copareina_2016_v2Este venres, día 26 de febreiro, á 1 da tarde, no Concello do Porriño terá lugar o sorteo de cruzamentos da fase final de la XXXVII Copa da Raiña, que se celebrará na vila entre o 15 e o 17 de abril.

Ao acto, presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asistirán o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco V.Blázquez, o da Federación Galega, José Luis Pérez Ouro, e o máximo responsable do Club Balonmano Porriño, Fernando Godoy, todos eles integrantes do Comité Organizador desta fase final.

As ‘embaixadoras’ deste sorteo, que será directo e sen cabezas de serie, serán Begoña Fernández,  unha das ‘guerreiras olímpicas’ do Equipo Español de Balonmán e María Godoy, histórica xogadora do Balonmano Porriño,

Xunto co Balonmano Porriño, como organizador, e ao Rocasa Gran Canaria ACE, defensor do título, completan á nómina de equipos clasificados para esta fase final o Prosetecnisa Zuazo, o Bera Bera, o Logroño Sporting La Rioja, o Helvetia Alcobendas, o Clínicas Rincón de Málaga e o  Mecalia Atlético Guardés.
O Rocasa Gran Canaria ACE, líder da Liga Loterías de Balonmán Feminino, é o equipo a bater, e non só por defender o título, senon pola súa estupenda tempada: o pasado domingo lograba, en Telde, a clasificación para as semifinais da Challenge Cup.

A Copa da Raiña volve a Galicia tres anos despois logo da eleción do Porriño como sede por diante doutras cidades candidatas, como Valladolid ou San Sebastián, e o fai con un cartel de luxo e o máis equilibrado das últimas tempadas.

O Sorteo poderá seguirse en directo por streaming na páxina web da Real Federación Española de Balonmano,

También te puede interesar