Vigo al día

Este xoves, día 25 ábrese o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís de Galicia para o curso que ven

GarderíaGalicia ampliará o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2016-2017 ata alcanzar un total de 22.316. Esta cifra supón que, por primeira vez, superará a ratio aconsellada pola Unión Europea situándose nun 36,7% de cobertura, case catro puntos máis que ao inicio do curso actual.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores publica a resolución da convocatoria para a adxudicación destas prazas, polo que o prazo de presentación de solicitudes comezará mañá xoves -25 de febreiro- e estará aberto durante un mes –ata o 26 de marzo-.

Segundo se recolle no DOG, os interesados teñen dende maña ata o vindeiro 26 de marzo para presentar as solicitudes de adxudicación de praza en escolas infantís pertencentes á rede pública, que oferta un total de 9.693 prazas entre os centros xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e os que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais.

A relación provisional de admitidos publicarase o 3 de maio e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web: http://benestar.xunta.es, e nos respectivos centros. A relación definitiva poderase consultar dende o día 30 de maio. Os solicitantes admitidos disporán dende o día 1 ao 10 de xuño -ambos os dous incluídos- para matricularse, presentando o impreso de matrícula xunto coa documentación requirida na propia escola infantil na que obtiveron praza. Así mesmo, o curso escolar 2016-2017 comezará o día 5 de setembro de 2016.

A principal novidade da convocatoria deste ano é que se incrementa a puntuación pola situación laboral de ocupación do pai ou da nai nun punto. A segunda novidade é que ademais de poder marcar a opción de Bono Concilia na propia solicitude, este ano as familias poderán optar directamente a unha praza concertada cos mesmos servizos e prezos que a praza pública. Neste sentido, cómpre ter en conta que tanto a opción de Bono Concilia como a de praza concertada actívanse no caso de que o neno ou nena para a que se solicita praza na escola infantil pública quede en lista de espera.

También te puede interesar