Vigo al minuto

Marea de Vigo califica ao alcalde como «incendiairo populista» e o acusa de aproveitar políticamente os empregos de Citroën

Rubén Pérez voceiro municipal de Marea de Vigo
Rubén Pérez voceiro municipal de Marea de Vigo

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde contra AGE e Marea de suposto «antiviguismo» por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.

Segundo Rubén Pérez, é curioso ver cómo o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura de Abel Caballero, que “queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA”.

A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións “que foi dende o minuto un a demanda principal que Marea de Vigo expresou públicamente”. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.

“Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde”. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, “anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á discrecionalidade na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais”.

Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un «auténtico chiste» que o propio PP emende ao Goberno de Galicia e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.

En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a avaliación medioambiental, tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.