Sucesos

Protección Civil de Mos pecha o seu programa formativo anual

Fin da formaciónA Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, dentro do seu programa de formación de 2015, capacitou a 12 voluntarios en intervencións na loita contra incendios, manexo de medios, coordinación de traballos e extinción de lumes urbáns.

O curso, de 50 horas teórico-prácticas, foi calificado polos asistentes de xeito favorable, pola posibilidade de realización de prácticas con lume real en diferentes simuladores. O mesmo, foi impartido por formadores de bombeiros e dous arquitectos nos que se trataron temas como a intervención en espacios confinados ou pechados ou manexo de liñas de auga, entre outros temas

Durante os pasados meses, os voluntarios foron compaxinando as aulas teóricas coas prácticas reais, que finalizaron a pasada fín de semana nas instalacións da Empresa Seganosa, Centro de formación de Emerxencias Integral, situado en Salvaterra de Miño.

Neste último día, asistiu a concelleira-delegada de Protección Civil de Mos, quen pudo comprobar o nivel de exisencia física a que foron sometidos os voluntarios. Ademais, a Concelleira, aproveitou para agradecer en nome dos vecinos e veciñas de Mos, o traballo desenvolvido polos voluntarios fai unha semana, por mor do temporal que azotou o concello, con máis de cincuenta intervencións en tres días.

O presidente do colectivo, Santiago Iglesias, destacou a importancia que ten a formación neste tipo de servizos, para garantir unha boa protección das persoas que participan nas tarefas de Protección Civil de Mos, así como conseguir uns obxectivos de calidade que cada día sexan mellores.

También te puede interesar