O alcalde manterá este mércores unha entrevista con representantes do Colexio de Avogados, cita coa que inicia unha rolda de contactos con colectivos para que «a cidade coñeza e teñamos un intercambio de opinións» sobre o proxecto de levar as dotacións xudiciais viguesas á torre do Hospital Xeral.
A iniciativa, segundo dixo Abel Caballero a respostas dos xornalistas, ten unha «enorme dimensión cidadá» pois significa o traslado da xustiza ao centro e a recuperación do ‘Pitulí’, o que require dun «gran consenso» en Vigo.
A cidade ten o «gran reto» de darlle uso a torre, o que ten que ir acompañado «inescusablemente», manifestou, de ocupar os actuais edificios xudiciais da rúa Lalín cunha actividade que xere alomenos o mesmo movemento que promove hoxe en día para o entorno das Travesas.