Comarcas Sucesos

Os riscos dixitais, cómo evitar e previr o Bullying, no curso que imparte a Policía Local do Porriño

Formación Policía LocalAlertar ás rapazas e rapaces de 6º de Primaria sobre os Riscos Dixitais, formalos nos principios de Educación Vial, detallar qué é, cómo evitar e previr o Bullying, familiarizalos co funcionamento e acción dos Servizos de Emerxencia do 112 e convencelos de que teñen preto deles aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Istos son algúns dos temas que desenrolan dous axentes da Policía Local do Porriño, Brais Roca e Javier Fernández, encargados de impartir os Cursos de Educación Vial do Concello, que antes de finais deste trimestre recibirán os alumnos dos colexios de Budiño, Atios, Torneiros, Santo Tomás, Fernández López e Irmáns Quiroga.

Un dos puntos no que os axentes fan maior incidencia é o dos riscos que plantexan as novas tecnoloxías para os rapaces que se incorporan ao uso de Internet, das redes sociais e de comunicación dixital, como Twitter, Facebook ou Whats-App. Os policías subliñan a importancia de empregar as mesmas co máximo coidado e con responsabilidade e advirten de que todo o que se comparte na Rede acaba deixando un rastro moi difícil de eliminar, os coñecidos rexistros dixitais, que poden expoñer información persoal que non debe ser de dominio público.

Os axentes advirten aos rapaces que non deben compartir, nunca, fotos e vídeos íntimos por ningunha canle electrónica, dado que non se sabe en mans de quén poden acabar e que uso poden facer destas imaxes ; que deben de extremar as precaucións cando contacten on-line con alguén e, sobre todo non concertar nunca unha entrevista persoal con unha persoa descoñecida coa que contactaran nun chat, dentro dun grupo de Whats-App ou vía e-mail.

No curso tamén se describe o que é o Bullying, como previlo, evitalo ou a quén acudir se se produce. O Bullying, tamén coñecido como acoso escolar ou ‘ciberacoso’ é un maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares, tanto dentro das clases como por medio das Redes. As súas modalidades van son diversas: Bloqueo social, Hostigamento, Manipulación, Coaccións, Exclusión social, Intimidación, Agresións e Ameazas, todas elas delictivas que poden causar graves problemas e que teñen que ser denunciadas.

A Educación Vial, cunha formación teórica, coñecemento das normas, sinais, a exposición dos peóns ou o feito de que a nova lei cualifica as bicicletas como vehículos, ocupa boa parte das clases nas que, tamén, os escolares aprenden cómo actúa o 112, o Servizo Xeral de Emerxencias que coordina a actuación da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e as Ambulancias do 061.

Por último, os axentes, ensinan aos estudante a confiar na Policía Local, a que teñen máis de preto, recorrer ao 092 en caso de perigo ou cando precisen protección e ter presente que os profesionais deste corpo están para garantir a súa seguridade.

También te puede interesar