RGPD - Cookies
Galicia

Recoñecemento en Vigo para @Gardacostas que salvou máis de 1.500 vidas nos seus 25 anos de historia

Gardacostas/Foto:vigoalminuto.com
Gardacostas/Foto:vigoalminuto.com

O Servizo de Gardacostas de Galicia recibiu este sábado en Vigo un recoñecemento por parte da compañía ‘Las Minas Flamento tour’. Ao acto de entrega asistiu a conselleira do Mar, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga. Durante o evento, a titular de Mar recoñeceu o importante labor que desempeña este servizo, que leva máis de 25 anos traballando pola seguridade dos profesionais do mar. Dende entón, lembrou a conselleira, este servizo “salvou máis de 1.500 vidas, grazas ao traballo conxunto e coordinado de todo o persoal”.

Rosa Quintana agradeceu o recoñecemento e os esforzos das persoas que forman parte deste servizo, que arriscan as súas vidas para salvar as dos demais e que traballan as 24 horas dos 365 días do ano, dando resposta ás incidencias que se van producindo en Galicia.

Ademais da función de salvamento, o Servizo de Gardacostas desempeña as funcións de vixilancia, busca e protección do medio mariño. Para iso estrutúrase en servizos centrais e periféricos, estes últimos formados por unidades operativas distribuídas por todo o litoral de Galicia. Neste servizo traballan 239 persoas, entre inspectores, subinspectores, patróns e mecánicos, vixiantes mariñeiros e persoal de empresas que colaboran co Servizo. Para desenvolver os seus labores o servizo conta co Pesca 1, con base en Vigo, e co Pesca 2, con base en Celeiro. Tamén con varios medios terrestres e marítimos itinerantes e nas unidades operativas.

También te puede interesar