Vigo al minuto

Vigo rende homenaxe á axente de policía Vanessa Lage poñéndo o seu nome á antiga Travesía de José Antela Conde

O alcalde e o paí de Vanessa no acto de inauguración da rúa que lembra á axente asasinada na cidade
O alcalde e o paí de Vanessa no acto de inauguración da rúa que lembra á axente asasinada na cidade

Vigo  rendeu este venres homenaxe a Vanesa Lage co descubrimento da placa que dá nome á antiga travesía José Antela Conde e que se incorpora ao rueiro vigués co nome da policía falecida en acto de servizo durante un atraco a unha sucursal bancaria en novembro do ano 2014.

No acto de recordo á súa figura e valor, presidido polo alcalde, estiveron presentes varias autoridades como o director xeral da Policía Nacional, Ignacio Cosidó, o comisario da Policía Nacional de Vigo, José Muñoz, o delegado do Gobierno en Galicia, Antonio Villanueva, o subdelegado do Goberno en Ponteveda, Antonio Coello e o pai da axente falecida, Juan Lage así como representantes de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado.

Abel Caballero sinalou que o acto é a «homenaxe de Vigo a Vanessa Lage, quen deu a súa vida pola cidade e forma xa parte dela» e unha mostra de «recordo, proximidade e emoción» en recoñecemento a Vanessa e a toda a Policía Nacional que vela pola seguridade cidadá e o «noso cariño á súa familia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.