Cultura Vigo al minuto

O desfile de comparsas do #Entroido deste sábado afectará á circulación de todo o centro de Vigo

CabezaCon motivo do traslado a este sábado, día 20 de febreiro do “Concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2016”, que sairá ás 6 da tarde do Nudo de Isaac Peral, o tráfico se verá afectado nas rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII.

Dende antes do inicio do desfile estarán pechadas ao tráfico as rúas García Barbón-Sanjurjo Badía, Saída da autoestrada a Isaac Peral, Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón, Colón-Marqués de Valladares, Paseo de Alfonso XII, López de Neira-Doutor Cadaval, Alfonso XIII-Cervantes, Urzáiz-Lepanto, Urzaiz-México, Urzaiz-Vázquez Varela, Serafín Avendaño-Rosalía de Castro, Serafín Avendaño-Areal, Miragaia-Rosalía de Castro, Miragia-Areal,Oporto-Rosalía de Castro, Canceleiro-Rosalía de Castro e República Arxentina-Uruguai.

As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña. Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás ós que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

As desviacións aconselladas son: para os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas; queda pechado ó tráfico o acceso dende a rúa López de Neira por rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol; aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa Coruña e Bouzas.

Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario. Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.

Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela. Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios. Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.

Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz. Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral. Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.

Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira. Os que circulen pola rúa Rosalía de Castro desviaranse pola rúa Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Arenal dirección Plaza de Compostela. Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

También te puede interesar