Galicia

Todo o mundo quere o seme de Lugo

Raza rubia galega
Raza rubia galega

O seme lucense espállase polo Globo. Concretamente o da raza Frisoa e Rubia Galega criada en Lugo. É a empresa pública Xenética Fontao, adscrita á Consellería de Medio Rural, a encargada de realizar estos envíos a varios dos países máis desenvolvidos en xenética de raza frisoa, entre os que destacan Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Australia, Suíza, Suecia ou Finlandia.

Outros mercados nos que se comercializan doses de Frisoa e Rubia Galega son Turquía e, principalmente, México e Brasil, aínda que tamén se están explorando novos mercados en países como Indonesia, Marrocos, Malí ou Angola.

O traballo de Xenética Fontao, segundo o Goberno de Galicia, permite “incrementar” o potencial xenético dos animais da cabana bovina e alcanzar unha “mellora notable” da produtividade, así como establecer as bases dunha produción xenética propia fronte ás importacións sistemáticas de material xenético doutras épocas.

Xenética Fontao naceu en 1998 co obxectivo de contribuír a que a cabana bovina galega consiga altos niveis de produción, tanto de leite como de carne, e uns elevados índices de calidade, compatibles cun nivel de renda excelente para o gandeiro.

También te puede interesar