Comarcas

Mos recibirá este ano da Deputación 888.000 €, un 28% máis que en 2015

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e voceira do Partido Popular na Deputación de Pontevedra/Foto:vigoalminuto.com
Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e voceira do Partido Popular na Deputación de Pontevedra/Foto:vigoalminuto.com

O concello de Mos vai recibir ao longo deste ano dentro das axudas do “Plan Concellos 2016” da Deputación de Pontevedra máis de 888.000 €, o que representa un 28,6 % máis que o que correspondeulle ao longo de 2015.

O organismo provincial indica que “mentres o ano pasado por cada veciño e veciña de Mos percibiu unha subvención de 45,04 € ao longo de 2016 esa cantidade pasará a ser de 57,95 €”. Estas cantidades só no que corresponde ao “Plan Concellos 2016” sen contar o resto de axudas e subvencións ás que teñen dereito dentro doutros apartados da Deputación.

O Plan Concellos 2016 supón unha transferencia de 40 millóns de euros que a Deputación pon a disposición dos 60 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc. Este plan repártese en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%).

O plan marca catro liñas de axuda: axudas para inversións, axudas para afrontar necesidades de gasto corrente, axudas para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais dos Concellos, e axudas para financiar o emprego.
Deste xeito elimínase a libre disposición do anterior presidente das partidas orzamentarias e cada concello sabe, dun xeito transparente, as cantidades que vai recibir para adecuar os seus orzamentos.

De feito, nos primeiros días de 2016 o concello de Mos xa ten adxudicadas axudas por valor de 216.761,22 € o que representar case que o 25% das subvencións que correspóndelle en todo o ano.

En concreto, aprobáronse a cantidade de 192.761 € para a contratación de 20 persoas dentro do plan de emprego; a cantidade de 10.000 € para a celebración da “Festa da Rosa”; outros 7.000 para a cabalgata dos reis magos; e 7.000 máis para as festas do Entroido.

También te puede interesar