Galicia

Galicia perdeu 12.570 habitantes o ano pasado, hoxe somos 2.734.656 galegos os que vivimos aquí

GalegosCada ano somos menos. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) coñecidos este luns, o ano pasado rematou con 12.570 habitantes menos en Galicia, de xeito que a poboación total era, a 31 de decembro, de 2.734.656 persoas, en concreto,1.412.641 mulleres e 1.322.014 homes.

As provincias máis habitadas son as de A Coruña- con 1.128.694 habitantes- e Pontevedra- con 948.302-; pola contra, Lugo ten preto de 339.000 e Ourense algo menos de 319.000.

Por cidades, a poboación medrou sobre todo en Vigo, en 227 persoas, o que deixa o número de veciños en 288.273, e Pontevedra, 188 persoas, ata os 80.650 habitantes. Ferrol acabou o ano con 68.673 veciños, Ourense con 104.000, Lugo con 96.969, Compostela con 95.988 e A Coruña con 241.135,todas elas con perda de poboación.

También te puede interesar