Cultura

Aberto o prazo para enviar creacións ao Festival Primavera de Cine de Vigo

PC01A organización do Festival Primavera do Cine en Vigo ven de presentar as bases de convocatoria e as principais novidades para esta quinta edición. Os interesados, galegos e lusófonos, poderán enviar as súas creacións ata o día 17 de marzo. O festival celebrarase do 23 ao 29 de maio, aínda que a direcicón non descarta comezar un pouco antes para aumentar a expectación.

O director do festival  fixo especial énfase na importancia desta quinta edición como consolidación do mesmo. “As nosas pretensións son que o festival medre e se estenda en días, filmes, sedes e actividades paralelas. O proxecto desta quinta edición é que a cidade enteira participe”, declarou o director. “Estamos a preparar un par de sorpresas de intervención na cidade para que todos os vigueses respiren cine e teñan ben claro que se está a celebrar un festival”, engadiu.  A organización pretende que Primavera do Cine se difunda máis alá dos puntos de encontro xa coñecidos, o auditorio do Concello e o MARCO. “Queremos chegar ao Calvario, a Coia e ao Casco Vello”.

Unha das novidades principais deste ano é que a lusofonía pasa a formar parte da selección oficial a concurso, a diferencia do 2015, no que quedouse sen concursar. En total, serán entregados cinco premios: mellor longametraxe galega, mellor longametraxe lusófona, mellor curtametraxe galega, mellor curtametraxe lusófona e mellor videoclip galego. Tamén será entregado un premio honorífico. “A relación co Instituto Camões e o Ministerio de Cultura de Portugal vai ser máis produtiva. Imos aunar esforzos para organizar algunhas proxeccións na sede do instituto e traer autores e realizadores portugueses”, explicou De Castro.

O axudante de dirección, Alfonso Castaño, anunciou a realización doutra clase maxistral tras a impartida polo guionista Tirso Calero na cuarta edición. “Queremos contar cun representante da cinematografía portuguesa dos últimos anos”, especificou Castaño para a continuación anunciar outra gran novidade. “Imos realizar unha retrospectiva do documentalismo galego do século XX con pezas vinculadas a Galicia ou rodadas por galegos. Queremos que o festival sexa algo máis que unha sección oficial. Queremos que sexa unha proposta cultural”.

Outra actividade que se vai repetir será o Cine Miúdo para nenos, é dicir, a proxección de películas mudas de principios dos anos 20 ambientadas con música en directo. Máis de 500 nenos participaron nesta actividade o ano pasado. Tamén realizaranse charlas e debates con personaxes relacionados co sector audiovisual.

“Esperamos o empuxe do Concello para que o festival se converta na cita de cine galego e  usófono máis importante do noso pais. Esperamos proxectar máis e mellor. Imos poñer todo o noso empeño para que o festival estoupe!”, sentenciu ao final da rolda Juan de Castro. Como dato de referencia, o ano pasado o festival recibiu 200 títulos dos que finalmente foron proxectados 53.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.