Vigo al minuto

Marea de Vigo propón un transporte metropolitano financiado nun 51% pola Xunta, 25% por Vigo e 24% polo resto dos concellos

AtsaMarea de Vigo valorou este martes a xuntanza mantida polos 14 concellos principais da futura área como “esperanzadora” e celebra que haxa consenso en que a actual lei é insuficiente e ten que ser amplamente modificada e dotada de orzamento e claridade no reparto competencial asumido por parte das administración públicas

Marea de Vigo considera necesario o acordo do transporte interurbano e como integrar os traxectos que afecten dentro do mesmo ao transporte urbano de Vigo e mesmo defende artellar dende xa os traballos para que o novo prego concesional ao rematar a concesión en 2019 teña xa partes específicas do transporte metropolitano.

Nos vindeiros días, Marea aportará a súa proposta ao plan de transporte que deseñe a futura Área Metropolitana, que pasaría por un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% polo Goberno de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da Área. Para a Marea así se solventarían os problemas de financiación do servicio xa que a maior parte da financiación sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio.

También te puede interesar