RGPD - Cookies
Comarcas

Milleiros de persoas saen á rúa en Pontevedra en contra da prórroga de 60 anos a ENCE

Manifestación Ence1Fotos: Felipe C./Milleiros de persoas, convocadas pola Plataforma Ence Fóra da Ría, participaron nunha manifestación que percorreu as rúas de Pontevedra. A pancarta co lema ‘Ence Fóra da Ría para Sempre’ que ía á fronte estivo a piques de atoparse coa cola da manifestación que aínda non saíra. Nela ademais de distintos representantes políticos, camiñaban membros da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) ou de Greenpeace que pediron a retirada de ENCE da Ría e culparon, directamente, ao presidente do Goberno en funcións da prórroga que permitirá á empresa seguir 60 anos máis no lugar que ocupa hoxe.

O presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, Antón Masa, adiantou que a asociación acometerá medidas legais contra a prórroga entendendo que pode supoñer un delito de prevaricación dado que implica facer unha nova concesión a unha empresa cando ten aberto un “expediente de caducidade” que non é prorrogábel. O mesmo fará o Concello de Pontevedra, dacordo co seu alcalde, quen anunciou a interposición dun recurso contra esta decisión.

Ence2Na lectura do manifesto, diante da Subdelegación do Goberno, o presidente da Federación Veciñal asegurou que o Goberno fixo unha Lei de Costas á medida do interese dunha empresa contaminante e en contra da maioría dos pontevedreses e subliñou que nesta decisión hai “moreas de cartos repartidos entre persoas envilecidas polo diñeiro”.

También te puede interesar