Galicia

Afectados das Preferentes do Baixo Miño denuncian que «membros da Policía Local de Tui continúan repirmindo aos nosos membros»

IMG-20160129-WA0008A Plataforma de Afectados polas Preferentes do Baixo Miño «non sae do seu asombro» tras recibir recentemente outra sanción administrativa máis dirixida á afectada tudense Yolanda Viñas.

“Lembremos que este movemento social foi sancionado por todo o País, como medida represora para amedrentalos e que se viran forzados a abandonar a rúa onde denunciaban que os aforros das galegas e galegos foron roubados e o Goberno non facía nada por solucionarlo”, indica a Plataforma.

Hai que lembrar que na Comarca do Baixo Miño sumáronse case 50 sancións que foron recurridas perante o Contencioso Administrativo da que xa houbo resposta a favor dos afectados polas preferentes e subordinadas da Comarca sumando un total de case 20.000€ en multas.

Somentes no Concello de Tui, algúns axentes da Policía Local, impuxeron 10 sancións de 600€ cada unha, unha multa de 500€ e unha de 100€, das que xa houbo resposta do Xulgado do Contencioso Administrartivo de Pontevedra no que “se demostrou que este axentes menitron e ditas multas foron retiradas”.

A Plataforma engade que, “por se non fose dabondo, un dos axentes que desenvolve un alto cargo na Comisaría da Policía Local tudense tamén arremeteu, persoalmente a dous integrantes desta plataformas con graves problemas psiquiátricos, e ao portavoz da Plataforma desta Comarca mediante vía civil. Como non podía ser doutro xeito ,unha vez maís a xustiza volveulle a dar a razón aos afectados sancionados”.

Afectados polos preferentes subliñan que “dando por feito xa que o pesadelo dos preferentistas rematara, despois do Nadal, neste mes de xaneiro, Yolanda Viñas, veciña de Tui, foi ‘agasallada’ con outra multa de 300€ de parte da Policía Local de Tui”.

Esta sanción fai refencia a uns comentarios publicados nun muro de Facebook o 7 de decembro de 2015 citando un artigo de prensa. Yolanda Viñas redactou unha serie de feitos ocorridos durante o  periplo loitando coa plataforma de afectados polas preferentes no Baixo Miño, “e pedíu unha disculpa pública”.

Ante estes feitos, axentes da Policía Local de Tui, “corpo que ten denunciado públicamente a súa sobrecarga laboral, amparado polo Subdelegado do Governo, decide revisar comantarios lexítimos en redes socias dos preferentistas para continuar coa represión”. Por elo, a Plataforma vai “inciar os trámites xudiciais e políticos” para paralizar esta “situación surrealista que xa raia a estupidez”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.