RGPD - Cookies
Galicia

Galicia rematou 2015 cun total de 75.100 fogares con todos os seus integrantes no paro

imagesO ano pasado rematou en Galicia con 75.100 fogares con todos os seus membros en paro. No cuarto trimestre de 2015, este número aumentou en máis de 2.000, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Segundo a EPA, o número de fogares con todos os seus integrantes activos era de 555.500 o 31 de decembro pasado, o que implica 28.900 máis que a finais de 2014.

Polo contrario, o total de familias con, cando menos, unha persoa en activo, baixou dende 749.500 en 2014 ata os 741.900, en total 7.600 menos.

También te puede interesar