RGPD - Cookies
Galicia

227.000 parados en Galicia ao remate de 2015

O ano pasado aumentou o número de traballadores activos en Galicia/Foto:vigoalminuto.com
O ano pasado aumentou o número de traballadores activos en Galicia/Foto:vigoalminuto.com

O ano pasado rematou con 227.000 desempregados en Galicia, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) difundida este xoves polo Instituto Nacional de Estadística (INE). O número de desempregados decaeu en 41.100 persoas en relación co ano 2014.

No último trimestre de 2015 o número de desempregados baixou en Galicia en 100 persoas, un 0,05% menos que o terceiro trimestre. Iso supoxo que o número de ocupados era a 31 de desembro, 1.032.500 persoas, 32.100 máis que a finais do ano 2014.

También te puede interesar