Vigo al minuto

A Deputación anuncia a creación de bolsas de emprego para os candidatos que non aproben as probas de interinos

BolsaA Deputación de Pontevedra anunciou este martes a creación de bolsas de emprego coas persoas que se presenten e aproben as probas selectivas para a cobertura de prazas de interinos ao igual que se fan en outras administracións públicas.

Nos próximos días vanse convocar tres prazas, unha para vixiancia, unha para atención telefónica e outra como auxiliar de deseño gráfico. Todos aqueles que superen as probas de selección pero non acaden o posto conformarán unha bolsa de emprego de cara a futuras convocatorias de prazas.

“Legalidade, transparencia e igualdade de oportunidades son os tres criterios que o novo goberno da Deputación quere implantar en todos os procesos selectivos”, indicou o responsable de emprego quen amosou a súa satisfación pola “aceptación que estas propostas tiveron entre os sindicatos presentes na Deputación”.

Este sistema, cosas novas bolsas, vai a ser o seguido para as próximas convocatorias de prazas, estre elas un posto no centro Príncipe Felipe, polo cal os responsables do organismo provincial animaron a todos os veciños e veciñas a presentarse as probas selectivas que en breve serán convocadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).  

También te puede interesar