Comarcas

O #PandePorriño reclama a súa declaración como denominación de orixe

Cartaz Pan do PorriñoO Goberno do Porriño «apoia totalmente» o proxecto da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros de pedir ao Goberno de Galicia a declaración xeográfica Pan do Porriño, ao coñecido produto que se elabora na vila e que, como dixo a alcaldesa, «é un dos elementos que nos identifica».

Eva García de la Torre, quen asistiu á presentación desta iniciativa este luns no Concello, acompañada polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, reivindicou a declaración como parte do proxecto do goberno local de potenciar a «marca Porriño» que, salientou, «abrangue todo o que temos  todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo».

Pola súa banda o concelleiro de Comercio, logo de gabar o traballo dos comerciantes e panadeiros porriñeses, puxo ao seu dispor toda colaboración do Goberno local para sacar adiante esta proposta. Marcelino Coto adiantou que o plan de orzamentos para este ano recolle unha partido concreta para ista finalidade, e comentou que o Concello está a estudar que «o pan do Porriño teña un día de seu ou unha feira que permita poñelo en valor».

A presidenta da ACIPOR, Noelia Conde, e os representantes dos panadeiros, «moitos dos cales descenden dos primeiros que empezaron a facer, na época napoleónica o primeiro pan que fixo famoso a Porriño, o «pan de munición», agradeceron a implicación da alcaldesa e do Concello e afirmaron que a declaración do ‘Pan do Porriño’ como Denominación Xeográfica será o «recoñecemento á longa tradición, á calidade, e ao bo facer dos panadeiros locais durante case tres séculos, un traballo que ten a consideración na sona do noso pan dentro e fora de Galicia».

A actriz Areta Bolado, a imaxe, «e hoxe a voz» deste proxecto, neta e bisneta de panadeiros, «de feito a miña compañía chámase A Panadaría», resumiu nunha frase a forza desta proposta, «como dixo Federico García Lorca cando inaugurou a biblioteca do seu pobo, Fuente Vaqueros: só precisamos medio pan e un libro…o pan e cultura e a cultura é alimento».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.