Comarcas Vigo al minuto

Unha ruta de arquitectura contemporánea, proposta turística da #DeputaciónPontevedra en Fitur

Carmela Silva presidenta de la Diputación de Pontevedra en Fitur 2016
Carmela Silva presidenta de la Diputación de Pontevedra en Fitur 2016

A presidenta da  Deputación de Pontevedra presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo (FITUR) unha ruta de arquitectura contemporánea en toda a provincia como unha nova oferta turística. Dentro das  actividades que o destino “Rías Baixas” realiza en Madrid, no entorno de FITUR, localizouse esta presentación na que Carmela Silva destacou as 42 obras arquitectónicas contemporáneas que “achegan modernidade e compromiso de futuro da provincia de Pontevedra”.

En palabras da presidenta, as “Rías Baixas” son un destino que oferta unha inxente cantidade de recursos turísticos “cunha cultura, patrimonio, gastronomía, ou importantes recursos naturais que todo o mundo coñece e agora queremos profundar en seguir desenvolvendo as nosas extraordinarias potencialidades”.

Carmela Silva coa actriz viguesa María Castro, este xoves en Fitur
Carmela Silva coa actriz viguesa María Castro, este xoves en Fitur

A presentación, que contou como mestra de cerimonias coa actriz viguesa María Castro, tamén permitiu o visionado de dous vídeos sobre as obras seleccionadas e as explicacións do decano do Colexio de Arquitectos, Antonio Maroño, sobre o proceso de selección das obras. O acto, que comezou ás doce do mediodía na caseta de Turgalicia en Fitur, contou coa presenza de varios alcaldes da provincia coma os de Sanxenxo, Vilagarcía, Vigo ou  Nigrán, entre outros.

Carmela Silva dirixíndose ao público en Fitur
María Castro dirixíndose ao público en Fitur

Estas 42 obras, compostas por espazos públicos, edificios privados e públicos, vivendas, piscinas ou museos, foron seleccionados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e, a xuízo de Carmela Silva, representan, “a pesar da súa contemporaneidade, a historia desta provincia e seguen sendo testemuñas da evolución nos nosos tempos”.

También te puede interesar